mércores, 21 de xuño de 2023

Entrega de diplomas

Rematamos o curso coa entrega dos diplomas e as mochilas ao voluntariado da biblioteca, así como os diplomas ás magníficas/os lectoras/es do Club de Lectura.

mércores, 14 de xuño de 2023

Xornada de convivencia

Xornada de convivencia do club de lectura de 6º co Club de Lectura do IES ao que estamos adscritos, o IES Val do Tea.

Fixemos un roteiro polo río Tea, moi divertido e bonito!

venres, 19 de maio de 2023

Sesión de cine

Sesión de cine coas lectoras/es de 5º e 6º de Primaria. Vimos a película Hoyos, con xantar incluído e os biscoitos da profe Bea!

martes, 16 de maio de 2023

Club de Lectura de 5º de Primaria

Deixámosvos algunhas imaxes do club de lectura de 5º de Primaria.

A Señorita Bubble


Nerea. O Príncipe da Sorte

luns, 1 de maio de 2023

Caixa dos recordos

Outra das actividades diferentes organizadas este curso foi a elaboración da "Caixa dos recordos" dun libro lido no club ou que nos gustase moito (fixeron grupos e elixiron en consenso que incluiría cada caixa).