venres, 29 de abril de 2022

Recuperamos actividades!

 Pouquiño a poquiño imos recuperando esas actividades que botábamos en falta. 

 Como mostra deixamos unhas fotos do pícnic lector que organizou Ana para celebrar todos xuntos o Día Mundial do Libro e as primeiras imaxes do Bibliopatio.








 Aquí vemos a algúns dos axudantes de biblioteca preparando o "carro" no que transportamos os libros ó patio. 

  Grazas rapaces por axudarnos a preparar o carro, a campaña publicitaria e por encargarvos de levar á práctica esta actividade!

martes, 26 de abril de 2022

Ledicia Costas

Hoxe visitounos a escritora Ledicia Costas

Durante a súa visita axudounos a recordar os libros de "Escarlatina, a cociñeira defunta" e "A señorita Bubble" e contounos moitas anécdotas.

Grazas Ledicia! 





luns, 25 de abril de 2022

Xornada de convivencia

 Para celebrar o Día Mundial do Libro organizamos unha xornada de convivencia coa rapazada do club o pasado venres 22 de abril.

  Quedamos a comer no colexio, fixemos xogos durante a sobremesa, algunha pequena lectura e vimos un par de videos que posteriormente comentamos.

  Pasámolo moi ben!





sábado, 9 de abril de 2022

Video de Isabel Blanco

 Compartimos o video que enviou a escritora Isabel  Blanco o noso club de lectura.


                                                                  Moitas grazas Isabel!

venres, 8 de abril de 2022

Reunións de abril

   Esta semana realizáronse as reunións para comentar os libros

                 A nena lectora    e    As receitas de Rosaura.

  Os rapaces de quinto gozaron moito coas receitas / poesías e co saúdo que a súa autora, Isabel Blanco, lles enviou.

  Aquí vos quedan as fotos da reunión e algunhas das preguntas que lle fixeron a Isabel. Seguro que recibiremos a contestación da autora ben pronto.

 Graciñas Isabel!








Case o esquenzo! Mirade os pingüíns que preparou Nico seguindo  a receita do libro.