luns, 26 de setembro de 2022

Inicio do Club de Lectura 2022-2023

Iniciamos un novo curso lector con moita ilusión!

Este ano académico ofertamos a actividade do Club de Lectura tamén ao 2º nivel (cursos de 3º e 4º de EP), coa axuda do metre Óscar Colmenero e a mestra Marta García para estes niveis.

O Club de Lectura de 6º estivo coordinado polas mestras Encarna e Beatriz e o de 5º por Ana Mary. 

Un dos primeiros pasos é a Asamblea Informativa máis o reparto de dípticos sobre que é e que implica participar no Club de Lectura, seguido da inscripción. O alumnado participante debe firmar un contrato de compromiso co club unha vez lidas as condicións.