martes, 31 de maio de 2022

Visita ó Centro de Día de Ponteareas

 Hoxe foi unha tarde moi especial porque acompañei á profe Encarna ó Centro de Día de Ponteareas. Alí entregámoslles un "libriño" coas poesías inventadas e recompiladas polos nosos alumnos. O mellor foi poder gozar da lectura dalgunha desas poesías.

  Moitos bicos para toda a comunidade do centro de día!




venres, 20 de maio de 2022

Lecturas compartidas

 Para celebrar o Día das Letras Galegas a rapazada do club compartiu a lectura da biografía e poemas de Florencio Delgado Gurriarán cos seus compañeiros.

 


luns, 16 de maio de 2022

Día das Letras Galegas

 Feliz día das Letras Galegas!

                 
                                                                                           Imaxe de Leandro Lamas





sábado, 14 de maio de 2022

¡Mamasiña, que medo!

 Esta semana os alumnos de quinto reuníronse para falar do libro de María Jesús Pereiro Santa: ¡Mamasiña, que medo!

 Falaron do argumento, dos adiantos técnicos, sobre o uso das esaxeracións como recurso poético e humorístico. Tamén comentaron que lles fixo graza os insultos que utiliza Celidonia (nenos de chupeta, cagainas, aparrulados, papaleisóns...)

Tiveron que dicir unha palabra coa que calificarían o libro: entretido, divertido, orixinal, dramático, cómico e interesante.

Finalmente cada un dixo o personaxe que lle gustaría representar.










mércores, 11 de maio de 2022

Alfombras florais

 Onte tivemos que pospoñer a reunión do club de lectura do grupo de sexto porque os compañeiros de sexto A asistiron a un obradoiro de alfombras florais.

 Unha mágoa ter que pospoñer a reunión para dentro de quince días pero foi por un bo motivo. Aquí vos deixo o resultado do seu traballo.




martes, 10 de maio de 2022

Reunión do club Entre follas

 Da reunión que celebramos hoxe queremos descatar unha das fotos que realizamos.

 E dende logo que nela tiña que aparecer un martelo. O martelo da avoa Luz. Ese martelo tan cargado de significado e que case se converte no martelo de Thor.


                 Moitos biquiños!




venres, 6 de maio de 2022