venres, 24 de xuño de 2022

Últimas reunións!

 O curso rematou... e con el as nosas reunións.

 Gozade mooooooito do verán que setembro en seguida chega para volver a compartir lecturas, actividades, pensamentos, inquedanzas, soños e aventuras con todos vós!





xoves, 23 de xuño de 2022

Elaboramos as nosas recomendación lectoras

 Como centro seleccionado no programa de Bibliotecas Escolares Solidarias - Voluntariado de lectura A polas actividades realizadas neste curso realizamos un obradoiro, impartido por Gingko, relacionado coa narrativa audovisual para o fomento da lectura e a utilización de ferramentas dixitais para contar historias, reintrepretalas e crear mensaxes propias. Como resultado da mesma o alumnado voluntario e os membros do club de lectura elaboraron booktrailers que difundiremos ó alumnado o próximo curso.


                           Na fotografía vemos a Roi Guitian nun intre do obradoiro


mércores, 22 de xuño de 2022

Xornada de convivencia no IES Val do Tea

 

Ó atender ás indicacións recollidas no Protocolo de adapatación ó contexto da covid-19 nos centros de ensino finalmente só puidemos gozar dunha reunión presencial cos compañeiros do club de lectura do IES Val do Tea o martes 21 de xuño.

Comimos todos xuntos na biblioteca do instituto e intercambiamos experiencias, ideas e actividades. 

Dúas das actividades foron: comentar o libro “Aldara. A lenda do cervo  branco” de Inés Vázquez e visionar o video co que nos agasallou a autora.



        Graciñas profe Encarna por organizarnos esta reunión!  Seguro que o próximo curso seguen todos contigo no club de lectura. 

domingo, 19 de xuño de 2022

Obradoiro de monicreques

 Adicamos moitos recreos a preparar dúas obras de monicreques. Foi unha mágoa non poder representalas. Pero seguro que a rapazada de sexto se quedou con todo o vivido no proceso de elaboración das obras e dos monicreques e durante os ensaios. Asegúrovos que son uns artistas!












sábado, 18 de xuño de 2022

Xornada de convivencia

 Para despedirnos decidimos realizar unhas xornadas de convivencia.

 O xoves 16 de xuño tocoulle a quenda á rapazada do club de quinto. Quedaron a comer no colexio, fixeron unha enquisa, viron un video e comentaron como lles resultou a experiencia de pertencer o noso club de lectura.


venres, 3 de xuño de 2022

O aroma do liquidámbar

  Esta semana os alumnos de quinto reuníronse para falar do libro de An Alfaya

                        O aroma do liquidámbar.

Comenzaron vendo as follas dun liquidámbar e falando dos aromas e da súa importancia no libro.

  Tamén comentaron os valores que lles transmitiu a historia: amizade, igualdade, solidariedade, interculturalidade,...