venres, 22 de outubro de 2021

Primeiras reunións

Ola!

  Xa comenzamos! Tivemos as primeiras reunións co alumnado de 5º e 6º. Repartimos os libros e comentamos como ían ser as reunións e as actividades que levaremos a cabo durante o curso.

  Volverémonos a reunir durante o mes de novembro.

  Os de quinto comentaremos o libro Chamádeme Simbad de Francisco Castro e os de sexto O carteiro de Bagdad de Marcos S. Calveiro.





















Presentación do libro:



Francisco Castro fálanos do libro: 


venres, 8 de outubro de 2021

Presentación dos clubs

Palabras agachadas 

Club de lectura dos alumnos do quinto e sexto nivel de primaria.

Entre follas

Club de lectura das mestras.


 Este curso continuaremos co club de lectura de sexto, xa son catorce cursos na súa traxectoría, e recuperaremos o club de lectura para o quinto nivel e o club de mestras iniciados fai dous cursos.


  Estamos seguras de que nos agardan fantásticas lecturas e atractivas actividades!



Don Moucho

 

Unha fraga aberta ós soños de todos.


 Don Moucho, como bo coñecedor da nosa Biblioteca, será o mellor guía que podamos atopar para axudarnos a camiñar unidos por esa fraga chea de libros que nos protexe e transporta a calquera punto do noso mundo real ou imaxinario pero sen deixar nunca atrás a ningún dos nosos.

 Coidamos que os libros constituen un medio fundamental para coñecer e comprender mellor a realidade e as persoas que nos rodean polo que a Fraga dos soños pretende ser indispendable para axudar no camiño de entendernos mellor a nós mesmos, ós nosos compañeiros e ó universo real e de soños que temos ó noso arredor.

  E non esquenzades que contamos con todos vós para facelo posible!.



luns, 4 de outubro de 2021

Benvida

 Benvidas e benvidos a nosa bitácora!

    A través dela queremos seguir compartindo as nosas lecturas, actividades, pensamentos, inquedanzas, soños e aventuras con todos vós.