Inés Vázquez, a autora de "Aldara. A lenda do cervo branco", enviounos dous agasallos moi especiais.
Como non dou esperado a próxima reunión xa vos deixo aquí o debuxo que nos adicou.
Mil grazas Inés!
Inés Vázquez, a autora de "Aldara. A lenda do cervo branco", enviounos dous agasallos moi especiais.
Como non dou esperado a próxima reunión xa vos deixo aquí o debuxo que nos adicou.
Mil grazas Inés!
Ola!
Na xuntanza do martes, ademais de comentar os libros de Rosaura, a profe Encarna axudounos a repasar nomes de peixes, crustáceos, moluscos,... e os usos de moitos dos condimentos que empregamos para elaborar ricas receitas.
Agora xa podedes ir preparando as vosas poesías / receitas!. E non vos esquenzades de compartilas con todos nós.
Ola!
Durante este mes imos realizar diferentes actividades relacionadas coa poesía. A primeira é recomendarlle libros ós nosos compañeiros. Unha mágoa non poder facelo en persoa polas aulas.
Mar de mazá
" Se vés canda min
heiche de amosar
os segredos todos
que atesoura o mar.
Se segues o son
destas rimas dondas
sucaremos océanos
e miraremos as ondas! "
Elvira Riveiro Tobio
RING, RING...! Quen rima?
"Con este libro poderás soñar, poderás sorrir, poderás bailar, poderás sentir…
Con Ring, ring…! Quen rima?… poderás vivir."
As receitas de Rosaura.
Se a cociñar queres aprender...
que mellor que lendo versos á vez.
O xardín de Irene.
"Poemario con protagonista infantil, Irene, que ten un xardín que coida con agarimo. Nos poemas de Neira Vilas atoparedes un canto á beleza dos espazos naturais e ao coidado da terra."
Macedonia de versos.
"Con este libro descubriredes a riqueza froiteira de Galicia mediante versos e unhas ilustracións evocadoras e moi divertidas."
Rata linda de Compostela.
"Conto escrito por Bernardino Graña e ilustrado por Manolo Uhía, está considerado como un dos contos versificados clásicos da literatura infantil de noso."
Remoldiño vai á feira.