martes, 23 de novembro de 2021

Entre follas

Club Entre follas 

 Hoxe celebramos a primeira xuntanza deste curso. E aínda que pasaron moitos meses, botade contas que a derradeira vez foi en marzo do 2020, seguimos coa mesma ilusión por compartir lecturas e lerias.

 Cambiaron algunhas caras porque algúns dos mestres xa non están no cole, mais tamén apareceron outras novas con moitas ganas de participar.

  Xa vos iremos contando, polo de agora quedamos en ler o libro O souto dos catro ventos de María Oruña.







venres, 19 de novembro de 2021

  REUNIÓN DE O CARTEIRO DE BAGDAD DE MARCOS CALVEIRO


 Estamos en Bagdad, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d’As mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúa. Alleo a todo, Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.

O 16 de novembro tivemos a primeira reunión para comentar o libro. Unha das cousas das que nos decatamos foi  que todos os capítulos empezaban da mesma maneira, indicándonos o mes no que tiña lugar a acción.

Para saber máis aquí vos d eixo información sobre os meses musulmáns:

O calendario ten como base o mes lunar, considerando que o tempo son 29 días e medio os que tarda a Lúa en circundar a Terra. O ano lunar musulmán consta de 12 meses, cinco de 29 días e sete de 30, de xeito que o ano ten 354 días.

 Os nomes dos meses, algúns dos cales refírense as estacións, teñen a súa orixe no calendario árabe pre-islámico. Ese calendario engadía un mes cada tres anos, para conseguir manter o calendario lunar en harmonía coas estacións.

O calendario musulmán esqueceu a corrección, de maneira que cada ano acumula unha diferenza de 10 ou 11 días respecto do calendario solar. O resultado é que os meses musulmáns escorregan gradualmente polas estacións e así un mes vaise iniciando cada vez máis prontoe o mesmo mes segundo van pasando os anos caen en estacións diferentes.

No libro tamén se fala do mes de Ramadán, un dos cinco piares do Islam. Os fieis musulmáns non comen nin beben mentres hai luz solar. Para coñecer un poco máis do Ramadán podedes ver este vídeo: 

https://verne.elpais.com/verne/2017/06/03/articulo/1496486819_741465.html





 

 

 

La canción de Amina


O club de quinto lerá para a súa proxima xuntanza o libro La canción de Amina.



mércores, 17 de novembro de 2021

Quen son os da foto?

  Algúns dos membros do club de sexto posaron para esta divertida foto. 

  Grazas rapaces!




venres, 12 de novembro de 2021

Prohibido leer a Lewis Carroll

 

  O club de sexto lerá para a súa próxima xuntanza o libro Prohibido leer a Lewis Carroll.






















Se queredes revisar datos de Lewis Carroll podedes ver o seguinte video:


 E ler os seus libros:

          Alicia en el país de las maravillas.  (descargar)

 

          Alicia a través del espejo.  (descargar)