venres, 8 de outubro de 2021

Don Moucho

 

Unha fraga aberta ós soños de todos.


 Don Moucho, como bo coñecedor da nosa Biblioteca, será o mellor guía que podamos atopar para axudarnos a camiñar unidos por esa fraga chea de libros que nos protexe e transporta a calquera punto do noso mundo real ou imaxinario pero sen deixar nunca atrás a ningún dos nosos.

 Coidamos que os libros constituen un medio fundamental para coñecer e comprender mellor a realidade e as persoas que nos rodean polo que a Fraga dos soños pretende ser indispendable para axudar no camiño de entendernos mellor a nós mesmos, ós nosos compañeiros e ó universo real e de soños que temos ó noso arredor.

  E non esquenzades que contamos con todos vós para facelo posible!.



Ningún comentario:

Publicar un comentario