venres, 4 de marzo de 2022

Mes de marzo... mes da poesía!

 Ola! 

   Durante este mes imos realizar diferentes actividades relacionadas coa poesía. A primeira é recomendarlle libros ós nosos compañeiros. Unha mágoa non poder facelo en persoa polas aulas. 


   Mar de mazá 

     " Se vés canda min
      heiche de amosar
      os segredos todos

      que atesoura o mar.
      Se segues o son
      destas rimas dondas
      sucaremos océanos
      e miraremos as ondas! "

                  Elvira Riveiro Tobio



      RING, RING...! Quen rima?  

"Con este libro poderás soñar, poderás sorrir, poderás bailar, poderás sentir… 

 Con Ring, ring…! Quen rima?… poderás vivir."



         As receitas de Rosaura.

      Se a cociñar queres aprender... 

     que mellor que lendo versos á vez.



         O xardín de Irene.

 "Poemario con protagonista infantil, Irene, que ten un xardín que coida con agarimo. Nos poemas de Neira Vilas atoparedes un canto á beleza dos espazos naturais e ao coidado da terra."


         Macedonia de versos.

 "Con este libro descubriredes a riqueza froiteira de Galicia mediante versos e unhas ilustracións evocadoras e moi divertidas."



         Rata linda de Compostela. 

 "Conto escrito por Bernardino Graña e ilustrado por Manolo Uhía, está considerado como un dos contos versificados clásicos da literatura infantil de noso."


       Remoldiño vai á feira.

Conseguirá chegar Remoldiño á feira de  Monterroso?  
 Xa estades tardando en buscar o libro!







Ningún comentario:

Publicar un comentario