sábado, 14 de maio de 2022

¡Mamasiña, que medo!

 Esta semana os alumnos de quinto reuníronse para falar do libro de María Jesús Pereiro Santa: ¡Mamasiña, que medo!

 Falaron do argumento, dos adiantos técnicos, sobre o uso das esaxeracións como recurso poético e humorístico. Tamén comentaron que lles fixo graza os insultos que utiliza Celidonia (nenos de chupeta, cagainas, aparrulados, papaleisóns...)

Tiveron que dicir unha palabra coa que calificarían o libro: entretido, divertido, orixinal, dramático, cómico e interesante.

Finalmente cada un dixo o personaxe que lle gustaría representar.










Ningún comentario:

Publicar un comentario