Ó atender ás indicacións recollidas no Protocolo de adapatación ó contexto da covid-19 nos centros de ensino finalmente só puidemos gozar dunha reunión presencial cos compañeiros do club de lectura do IES Val do Tea o martes 21 de xuño.
Comimos todos xuntos na biblioteca do instituto e intercambiamos experiencias, ideas e actividades.
Dúas das actividades foron: comentar o libro “Aldara. A lenda do cervo branco” de Inés Vázquez e visionar o video co que nos agasallou a autora.
Graciñas profe Encarna por organizarnos esta reunión! Seguro que o próximo curso seguen todos contigo no club de lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario